Sunday 19 de May de 2024

O alcalde e a concelleira de Educación asisten á festa do Summer Camp


Os nenos e nenas do Summer Camp celebraron unha gran festa á que tamén se sumaron o alcade de Ordes e a concelleira de Educación, José Luis Martínez Sanjurjo e Susana García. Non faltaron inchables, agasallos, lambetadas e moita diversión para pechar onte a primeira parte das actividades de conciliación desenvolvidas conxuntamente entre o Concello de Ordes e a escola ConTalento, das cales xa levan desfrutado máis dun cento de usuarios e usuarias de entre 3 e 12 anos.

O Summer Camp desenvolverase ata o vindeiro 11 de setembro. Para inscribirse ou obter información pódese chamar ao 981680002.